27/2/20

Visítannos os nosos pais

O pai de Mateo Abrodos explicounos moitas cousas sobre o oído, que ten como función a de escoitar.
Díxonos que o oído é o segundo sentido máis importante, despois da vista, e que a cera serve para protexer o tímpano, que é moi delicado.
As partes do oído son unhas das máis diminutas do corpo.
Ensinounos fotos do oído por dentro, deixounos tocar maquetas do oído e audífonos, falsos, claro. Algúns puxémolos na orella, pinchaban un pouco.
A imaxe do tímpano que nos ensinou deunos un pouco de asco!
Mostrounos como se fan probas para ver o que se oe. Nunha Javier tiña que levantar a man do lado do que escoitaba o son, na outra, Sebas tiña que escoitar unha serie de palabras e logo repetilas.

A nai de Javi Alonso explicounos cousas sobre a vista, que é un dos sentidos máis necesitados do corpo.
Deixounos tocar maquetas que tiñan todas as partes do ollo.
Ensinounos que a pupila é un burato e non un punto negro e que coa luz faise máis pequena e coa escuridade máis grande.
Díxonos que moita xente non ve ben e por iso leva lentes. Tamén nos dixo que a xente que non ve ben pode ser miope, hipermétrope ou ter astigmatismo e por iso leva as gafas correspondentes.
Explicounos que se levamos gafas de sol de xoguete a pupila vaise facer máis grande e os raios do sol van entrar e facer dano aos ollos.
Deunos unha lente de contacto para que a víramos e a tocáramos.