Acordádesvos da visita de Raquel Queizás, que nos falou de mouros, mouras e nubeiros? Aquí podedes atopar información sobre seres míticos da nosa terra:
O xoves antes do Entroido viñeron pais e nais facer filloas, que son unha comida típica do Entroido. Despois do recreo fomos comelas á cociña do edificio de 1º. Estaban moi ricas. Explicáronnos o que se necesita para facelas: un bol, a fiolleira e os ingredientes; como se fan e o que levan: fariña, ovos, auga e sal. Despois, como tocaba música, unha muller dixo que se María, a profe, facía ben unha filloa teriamos o control e se a facía mal, non o teriamos. Todos queriamos que a fixera mal, pero fíxoa ben!
O día 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua materna, veu unha contacontos chamada Raquel para contarnos lendas e contos de seres míticos da nosa terra.