16/6/20

Ata o próximo curso

Chega a fin do curso, deste curso tan especial.
Despois de tres meses de traballo na casa, case sen vernos, expresamos os nosos desexos para o futuro.


13/4/20

12/3/20

Seres míticos galegos

Acordádesvos da visita de Raquel Queizás, que nos falou de mouros, mouras e nubeiros?
Aquí podedes atopar información sobre seres míticos da nosa terra:

CEIP A Cristina, Carballo (A Coruña)

28/2/20

Comemos filloas

O xoves antes do Entroido viñeron pais e nais facer filloas, que son unha comida típica do Entroido.
Despois do recreo fomos comelas á cociña do edificio de 1º. Estaban moi ricas.
Explicáronnos o que se necesita para facelas: un bol, a fiolleira e os ingredientes; como se fan e o que levan: fariña, ovos, auga e sal.
Despois, como tocaba música, unha muller dixo que se María, a profe, facía ben unha filloa teriamos o control e se a facía mal, non o teriamos. Todos queriamos que a fixera mal, pero fíxoa ben!

Contacontos na biblioteca

 O día 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua materna, veu unha contacontos chamada Raquel para contarnos lendas e contos de seres míticos da nosa terra.




27/2/20

Visítannos os nosos pais

O pai de Mateo Abrodos explicounos moitas cousas sobre o oído, que ten como función a de escoitar.
Díxonos que o oído é o segundo sentido máis importante, despois da vista, e que a cera serve para protexer o tímpano, que é moi delicado.
As partes do oído son unhas das máis diminutas do corpo.
Ensinounos fotos do oído por dentro, deixounos tocar maquetas do oído e audífonos, falsos, claro. Algúns puxémolos na orella, pinchaban un pouco.
A imaxe do tímpano que nos ensinou deunos un pouco de asco!
Mostrounos como se fan probas para ver o que se oe. Nunha Javier tiña que levantar a man do lado do que escoitaba o son, na outra, Sebas tiña que escoitar unha serie de palabras e logo repetilas.

A nai de Javi Alonso explicounos cousas sobre a vista, que é un dos sentidos máis necesitados do corpo.
Deixounos tocar maquetas que tiñan todas as partes do ollo.
Ensinounos que a pupila é un burato e non un punto negro e que coa luz faise máis pequena e coa escuridade máis grande.
Díxonos que moita xente non ve ben e por iso leva lentes. Tamén nos dixo que a xente que non ve ben pode ser miope, hipermétrope ou ter astigmatismo e por iso leva as gafas correspondentes.
Explicounos que se levamos gafas de sol de xoguete a pupila vaise facer máis grande e os raios do sol van entrar e facer dano aos ollos.
Deunos unha lente de contacto para que a víramos e a tocáramos.

26/2/20

Entroido 2020

Damos os últimos toques aos disfraces:





Bailamos todos/as xuntos/as no Pasatempo:

12/2/20

O Entroido en Galicia

Imos coñecer o Entroido galego.
Podes visitar o CEIP Manuel Sueiro, que ten unha interesante información sobre esta popular festa galega.
Ou ver estas presentacións: 

Entroido Bolechas


Este vídeo que nos ofrece boas imaxes dos diferentes personaxes:


Tamén podes consultar a axenda para saber que se festexa en cada lugar.
E finalmente... xogar:


9/2/20

Tempo atmosférico e clima

Se queredes ver as previsións do tempo para Galicia podedes consultar a páxina de METEOGALICIA.

Tamén podedes consultar o glosario de meteoroloxía.

E para repasar:



O tempo atmosférico e o clima.

Con estes vídeos podedes repasar e saber máis sobre o tempo e o clima:




23/1/20

Reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

O día 17 un técnico da Reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo acudiu ao colexio para falarnos, especialmente, do río Mandeo.
Isto é do que tratou:


Características da cunca do río Mandeo

O Mandeo mide 56 km de lonxitude, pasa por 17 concellos e ten uns 200 afluentes. Ten unha cunca moi grande, na que viven moitos animais, coma a londra e o salmón e plantas, coma o salgueiro e o castiñeiro.
Ensinounos unha cámara oculta que tiña cores militares para camuflarse, que empregan para gravar animais, vimos os vídeos dun corzo,dun teixo e dun gato montés.
Mostrounos un molde dunha pegada de xabarín feito de arxila e explicounos como se poden realizar empregando escaiola mezclada con auga, unha botella de plástico cortada por arriba e por abaixo e arxila.
Falounos do necesario que é coidar a auga porque de 100 botellas de auga só tres son de auga potable e como aforrar auga duchándonos en vez de bañarnos, bañándonos gastamos uns 150 litros máis. Tamén nos dixo que se unha billa pinga pode perder 39 litros ao día.
Finalmente vimos que na cunca do río Mandeo hai moitos restos históricos.