28/2/20

Comemos filloas

O xoves antes do Entroido viñeron pais e nais facer filloas, que son unha comida típica do Entroido.
Despois do recreo fomos comelas á cociña do edificio de 1º. Estaban moi ricas.
Explicáronnos o que se necesita para facelas: un bol, a fiolleira e os ingredientes; como se fan e o que levan: fariña, ovos, auga e sal.
Despois, como tocaba música, unha muller dixo que se María, a profe, facía ben unha filloa teriamos o control e se a facía mal, non o teriamos. Todos queriamos que a fixera mal, pero fíxoa ben!

Contacontos na biblioteca

 O día 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua materna, veu unha contacontos chamada Raquel para contarnos lendas e contos de seres míticos da nosa terra.




27/2/20

Visítannos os nosos pais

O pai de Mateo Abrodos explicounos moitas cousas sobre o oído, que ten como función a de escoitar.
Díxonos que o oído é o segundo sentido máis importante, despois da vista, e que a cera serve para protexer o tímpano, que é moi delicado.
As partes do oído son unhas das máis diminutas do corpo.
Ensinounos fotos do oído por dentro, deixounos tocar maquetas do oído e audífonos, falsos, claro. Algúns puxémolos na orella, pinchaban un pouco.
A imaxe do tímpano que nos ensinou deunos un pouco de asco!
Mostrounos como se fan probas para ver o que se oe. Nunha Javier tiña que levantar a man do lado do que escoitaba o son, na outra, Sebas tiña que escoitar unha serie de palabras e logo repetilas.

A nai de Javi Alonso explicounos cousas sobre a vista, que é un dos sentidos máis necesitados do corpo.
Deixounos tocar maquetas que tiñan todas as partes do ollo.
Ensinounos que a pupila é un burato e non un punto negro e que coa luz faise máis pequena e coa escuridade máis grande.
Díxonos que moita xente non ve ben e por iso leva lentes. Tamén nos dixo que a xente que non ve ben pode ser miope, hipermétrope ou ter astigmatismo e por iso leva as gafas correspondentes.
Explicounos que se levamos gafas de sol de xoguete a pupila vaise facer máis grande e os raios do sol van entrar e facer dano aos ollos.
Deunos unha lente de contacto para que a víramos e a tocáramos.

26/2/20

Entroido 2020

Damos os últimos toques aos disfraces:





Bailamos todos/as xuntos/as no Pasatempo:

12/2/20

O Entroido en Galicia

Imos coñecer o Entroido galego.
Podes visitar o CEIP Manuel Sueiro, que ten unha interesante información sobre esta popular festa galega.
Ou ver estas presentacións: 

Entroido Bolechas


Este vídeo que nos ofrece boas imaxes dos diferentes personaxes:


Tamén podes consultar a axenda para saber que se festexa en cada lugar.
E finalmente... xogar:


9/2/20

Tempo atmosférico e clima

Se queredes ver as previsións do tempo para Galicia podedes consultar a páxina de METEOGALICIA.

Tamén podedes consultar o glosario de meteoroloxía.

E para repasar:



O tempo atmosférico e o clima.

Con estes vídeos podedes repasar e saber máis sobre o tempo e o clima: